Tuesday 14 de May de 2024

A asociación cultural Prudencio Romo de Lousame celebrou Santa Cecilia cun concerto na igrexa de San Pedro de Tállara


 

A igrexa de San Pedro de Tállara (Lousame) acolleu o pasado sábado pola tarde un concerto da Banda de Música lousamiá organizado pola asociación cultural Prudencio Romo para celebrar o día de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Tras unha misa, a Banda de Música dirixida por Fernando Froxán interpretou distintas pezas para desfrute da veciñanza presente, dende temas clásicos ata unha selección de grandes éxitos de Queen. Así, temas como “We will rock you” ou “I want to break free” resoaron no templo lousamiá e foron moi aplaudidos polos veciños e veciñas presentes. Unha vez rematado o concerto, os socios e socias da asociación cultural Prudencio Romo celebraron unha cea de confraternidade.